Seguimos reflexionando co conto de "un regalo deferente" de Marta Azcona, ti que farías coa tela? a veces nas cousas máis simples está a diversión! por iso temos que escoller moi que precisamos e que non, para ser bos consumidores!
Seguimos reflexionando co conto de "un regalo deferente" de Marta Azcona, ti que farías coa tela? a veces nas cousas máis simples está a diversión! por iso temos que escoller moi que precisamos e que non, para ser bos consumidores!
Hoxe dende o CRA de Bergondo, conmemoramos o Día Internacional da Muller, para reivindicar que aínda que todos e todas sexamos diferentes merecemos ser tratados de igual maneira e ter os mesmos dereitos e oportunidades.
Na nosa contorna hai mulleres moi importantes que conseguiron grandes cousas
como:
-Rosalía de Castro, unha gran escritora da
cal aprendemos moito para conmemorar o seu aniversario.
-María Pita: unha heroína que defendeu a cidade
de A Coruña.
-Concepción Arenal: unha das primeiras Galegas
que loitou polos dereitos e a igualdade das mulleres.
E ti, a que muller ou mulleres admiras??
Para este día escoitaremos a seguinte canción
que estivemos a traballar en música:
Tamén vos deixamos un conto para entender un
pouco máis, porque se conmemora este día, chámase "Ellas" de Raquel Díaz Reguera:
Feliz
día nenos e nenas do CRA!
👧👦👧👦
Día 30 de xaneiro, conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz.
"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño"
- Mahatma Ghandi -
Dende o CRA celebramos e promocionamos a non violencia e a paz día a día, pero este 30 de xaneiro farémolo a través dunha vídeo chamada entre todas as escolas, podendo convivir un ratiño, na cal cantaremos e bailaremos a seguinte canción:
Este foi o proceso 🙌
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos é un documento que serve protexer os dereitos das persoas de todo o mundo, para que vivan a súa vida en liberdade, igualdade e con dignidade.
Por que se conmemora este día?
Para que todo o mundo teña
liberdade e igualdade de dereitos con independencia da súa cor, crenzas,
relixión ou outras características.
Os dereitos deste acordo son 30 e inclúen o dereito a liberdade de expresión, dereito á educación, a
unha vivenda digna....
Na siguinte canción, poderemos coñecer algún dereito máis a ritmo de merengue!
Feliz día nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧
Que significa persoas con discapacidade e por que se conmemora este día?
As persoas con discapacidade son aquelas que teñen diferentes capacidades, formas diferentes de facer as mesmas cousas que nos. Todos e todas somos diferentes, pero capaces de facer un montón de cousas se o medio no que vivimos se adapta un chisco!
Por ese motivo, débese conmemorar o día de hoxe, para que as persoas con capacidades diferentes teñan dereitos, como por exemplo, acceso unha educación inclusiva de calidade.
Aquí vai a curtametraxe
de "el cazo de lorenzo" que nos convida a reflexionar:
Agora tócavos, nenos e nenas do CRA de Bergondo, cales son as capacidades que vos fan únicos?
Por que se conmemora o Día Internacional
contra a Violencia de Xénero?
Segundo as Nacións Unidas: a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo unha
das infraccións dos dereitos humanos máis estendido e xeneralizado do mundo. Case 1
de casa 3 mulleres foi vítima de violencia física ao menos un
vez na vida.
Viñeta e canción de cousas que si podemos facer coas nosas mans!
E para
rematar, imos escoitar un conto, dunha nena que só sabía dicir que si, ata que descubriu
un código secreto...
Aquí van uns
marca páxinas cun QR para que todos os nenos e nenas poidan levan o conto para
escoitar coas familias!
Feliz día
nenos e nenas do CRA!
👦👧👦👧
Por que se
celebra o Día Universal da Infancia?
O 20 de novembro
celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia e o aniversario da entrada
en vigor da Convención sobre os Dereitos do Neno.
A Convención dos Dereitos do neno, supuxo un fito, pois
dende a súa aprobación a infancia é considerada, non como un obxecto de
protección, senón como suxeito de pleno dereito.
Con todo, a Convención
sobre os Dereitos do Neno segue sendo un documento insuficientemente coñecido e
os dereitos que recolle aínda distan moito de converterse en realidade en
numerosos recunchos do planeta.
Pero o Cra de
Bergondo non vai ser un deles!
Cales son os Dereitos do Neno?
Canción dos dereitos do neno de UNICEF
Para rematar
propoñemos decorar esta pulseira ou marca páxinas para que todos coñezan os dereitos dos nosos
pequenos xigantes!
Descargar documento aquí: